Do you have app related questions?Ask the Appszoom team and get a personalized answer within 24hrs!X Close

Isto é galego!

Isto é galego!

1,000 - 5,000 downloads

Add this app to your lists
“¿Por qué no hacemos un curso de gallego?”

dixo Mr. Borji. E todo comezou.

O resto das cuestións foron caendo polo seu propio peso: É útil e necesario un curso de galego na Galiza? Seremos capaces de facer a produción? Conseguiremos financiamento para facelo? É o lacon con grelos consubstancial á galeguidade? Por que se lle ocorreu a idea a un de Ibiza e non a un de Monforte? Tedes a resposta á maior parte destas preguntas nesta páxina web (a do lacón non, por evidente).

Igual semella pouca cousa, pero o Isto é galego é un traballo de moitos meses, feito integramente por persoas voluntarias que puxeron a súa creatividade, o seu esforzo e a súa ilusión na que pretendemos sexa unha ferramenta útil para a nosa lingua propia.

Tamén queremos agradecer á Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña o seu interese e a súa colaboración.

Esperamos que vos divirtades escoitando Isto é galego tanto coma nós facéndoo. De ser así, o esforzo pagou a pena. E se non, pois tamén. Seica.

tags: curso gallego, aprende gallego, curso galego, aprende galego, aprende gallego, galicia, curso para nenos.

Isto é galego é unha produción de Cuac FM para a libre distribución baixo licenza Creative Commons

Comments and ratings for Isto é galego!

  • There aren't any comments yet, be the first to comment!